Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Mitín do PP cos candidatos á alcaldía no Barco e na Rúa, o domingo 14 de maio

O do Barco será ás 19:30h. no Teatro Lauro Olmo e o rues no Cine Avenida ás 21h.

 

As localidades do Barco e da Rúa acollen os primeiros mítines do PP desta campaña ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Será na tarde do vindeiro domingo 14 de maio. O primeiro deles terá lugar ás 19:30h. no Teatro Lauro Olmo do Barco, coas intervencións de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, de Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense, e do candidato á alcaldía do Barco, Manuel Fernández “Noli”.

Despois, ás 21h. terá lugar un novo acto no Cine Avenida da Rúa, no que tamén participarán Ángeles Vázquez e Manuel Baltar, que acompañarán ao cabeza de lista popular e actual alcalde, Álvaro Fernández.

 

Artigos relacionados

Back to top button