Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Mitíns do PP en Trives e en Maceda

Neles interviñan Manuel Baltar, presidente provincial do PP; Francisco Conde, membro da executiva galega; e o candidato ao Senado, Miguel Ángel Viso

As localidades da Pobra de Trives e de Maceda acollían na tarde do 14 de abril dous mitíns do PP no marco da campaña electoral das xerais. Neles interviñan o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, ademais de Francisco Conde, membro da executiva do PPdeG, e o cabeza de lista da candidatura ao Senado, Miguel Ángel Viso, quen afirmou que “os senadores ourensáns demostrarán unha vez máis que serán os defensores da provincia e da igualdade de oportunidades entre territorios”.

Para Manuel Baltar, de nada vale “formular grandes propostas nos ámbitos da economía, do benestar, das infraestruturas e mesmo da defensa do rural se nos esquecemos da nosa identidade, da nosa cultura e das achegas dos homes e mulleres que, no pasado, ensináronnos a facer política desde a base do sentimento de pertenza a unha terra e de crenza nas súas potencialidades”. Ademais aseguraba que o PP de Ourense “é unha formación autoesixente que di publicamente os seus obxectivos nestas eleccións, que son conseguir tres representantes no Congreso e no Senado que terán nomes e apelidos galeguistas”.

Pola súa banda, Viso sinalaba que o PP de Ourense “presenta as mellores candidaturas a ambas as dúas cámaras para defender a singularidade da nosa provincia desde a política nacional”. E pedía o voto dos veciños de Trives e Maceda “para un partido que se presenta para gañar, non para empatar, cun programa ambicioso e para demostrar que somos o partido que prefiren os cidadáns para liderar gobernos de progreso”.

Artigos relacionados

Back to top button