Na tarde deste domingo 4 de agosto mobilizábase aos servizos de emerxencia por un posible infarto na Rúa. O helicóptero aterraba no Aguillón e tamén acudían o GES Valdeorras, unha ambulancia do 061, a Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Rúa.
Finalmente, a muller que se sentira indisposta era trasladada en ambulancia ao Hospital Público de Valdeorras.
Vídeo do helicóptero aterrando e despegando do Aguillón, na Rúa: https://youtube.com/shorts/sDT1jyF2cJg?feature=share
Foto e vídeos cedidos.