ConcellosRubiáÚltima hora

Mobilízase o helicóptero H-4 por un mozo que se encontraba mal mentres facía unha ruta en bicicleta en Rubiá

 

En menos de 24 horas o helicóptero H-4 volvía ser mobilizado na comarca de Valdeorras. Pouco antes das 16 horas deste luns 5 de agosto, o 112 Galicia era informado polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 da “mobilización do helicóptero medicalizado por mor dun rapaz que estaba a facer unha ruta en bicicleta no monte das Tres Penas Marías, en Rubiá (Ourense) e atopábase con dor de peito e dificultade respiratoria”, din dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

Desde o 112 Galicia informaban do suceso aos Bombeiros e GES de Valdeorras, así como a Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. “Por fortuna, cando o persoal sanitario atendeu ao ferido, este xa se atopaba ben e en boas condicións, polo que o seu traslado non foi necesario”.

 

Artigos relacionados

Back to top button