ConcellosO BarcoÚltima hora

Moción no pleno do Barco en defensa “dunha Atención Primaria de calidade”

Será presentada no vindeiro pleno polos grupos socialista, do BNG e Riada Cidadá e pide o apoio a ILP que promove a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia

Concello de O Barco de Valdeorras.

 

No vindeiro pleno que a Corporación barquense celebrará o xoves someterase a debate e a aprobación unha moción presentada polos grupos municipais do partido socialista, do BNG e de Riada de cara a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia. En concreto o que plantexa a moción é que o Concello do Barco apoie esta ILP, ademais de “colaborar activamente na recollida de sinaturas e nas mobilizacions e actividades informativas de carácter unitario que se realicen, para ter unha Atención Primaria de Calidade”.

Así, na exposición de motivos da moción presentada por estes tres grupos sinálase que “a Conselleria de Sanidade, leva anos recortando e desmantelando os recursos da Sanidade Pública Galega, especialmente na Atención Primaria, coa finalidade de reducir gasto e favorecer à sanidade privada, que medra de manera imparable. Paralelamente, os responsables do Sergas son incapaces de planificar e xestionar a Atención Primaria, poñendo en cuestión a continuidade do sistema de Atención Primaria. Entre outras cosas, as reducións de persoal, a prioridade pola consulta telefónica por riba da presencial, as dificultades para contactar cos centros e conseguir cita, o peche de consultas, centros e PAC, etc., impiden o acceso normal á asistencia sanitaria a
poboación e crean listas de agarda inaceptables Como consecuencia do exposto, desapareceu da Atención Primaria a promoción, prevención, rehabilitación, participación e o traballo comunitario, mentres que o persoal está sometido a unha situación de presión, inestabilidade e precariedade, incompatibles cunha atención de calidade”.

Por iso os grupos que presentan a moción piden o apoio á mesma.

Artigos relacionados

Back to top button