CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Mofa e Befa presentan ‘Pirolíticos’ no Barco, no marco da Festa do Botelo 2023

A respresentación teatral será este venres 20 de xaneiro ás 21 horas no Teatro Lauro Olmo

Mofa e Befa en ‘Pirolíticos’.

 

Este sábado 21 de xaneiro celébrase no Barco a XXI edición da Festa do Botelo, cun programa de actividades que vai máis alá do xantar no pavillón e inclúe un espectáculo teatral no Teatro Lauro Olmo a cargo de Produccións Teatrais Excéntricas.

Mañá, venres día 20 ás 21 horas, o dúo cómico Mofa (Evaristo Calvo) e Befa (Víctor Mosqueira), porán en escena o espectáculo ‘Pirolíticos’, escrito por Lucía Aldao e María Lado e dirixido por Claro Gayo.

 

 

Mantendo a estrutura, o estilo e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo, a obra é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. “Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do Patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consoancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada”, explican dende a compañía.

 

 

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, e, por suposto con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) ‘Pirolíticos’ escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button