O Concello de Vilamartín presenta o programa de actividades en torno ao Camiño de Inverno, que se celebrarán os días 19 e 20 de xullo “ideadas para pasar o día nun ambiente familiar e de veciñanza, desfrutando das nosas instalacións deportivas”. Haberá actividades para nenos e maiores; teatro; colchonetas acuáticas, xantar e moita música.
Ademais, a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino organizou o xantar da Romaría na honra a Santa María Magdalena, amenizada cunha sesión vermú. A entrada custará 16€ para adultos e 12 para nenos a partir dos 7 anos e inclúe o xantar (entremeses ibéricos, empanadas, paella, pan e auga). Na barra haberá viño e cousas varias a pracer. Poden mercarse nos bares do pobo (Santos e Acuarela) e máis o bar da piscina municipal Vill Chicana, así como da man da directiva da ANPA.