OurenseÚltima hora

Moncho Borrajo presentará en Ourense o seu novo espectáculo “50+1”

Será este sábado 23 de setembro no Auditorio Municipal a partir das 20:30 horas

O humorista ourensán Moncho Borrajo.

 

O humorista ourensán Moncho Borrajo presentará o seu novo espectáculo “50+1” no Auditorio Municipal de Ourense este sábado, 23 de setembro, ás 20:30 horas. Trátase dun show de 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, cousas novas e un final dos que só Moncho Borrajo sabe facer. As entradas están á venda en Ataquilla.com.

Un día antes, o Auditorio Municipal acollerá un concerto da Banda de Música Militar da Coruña e da banda de cornetas, tambores e gaitas da Brigada Galicia, no marco das actividades que organizan o Ministerio de Defensa e o Concello en homenaxe ao rexemento Zamora número 8. Entre estas, tamén se inclúe unha xura de bandeira na Praza da Biblioteca Nós, o sábado, 23.

A programación do Auditorio continuará o domingo, 24, co musical Disney Rock, un divertido e orixinal espectáculo protagonizado polas personaxes dos contos tradicionais, con versións de cancións típicas dos clásicos do pop e do rock desde os anos 80 ata a actualidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button