A exposición fotográfica e audiovisual “A memoria da raia” chega a Monterrei. Terá lugar dende o vindeiro 12 de agosto ao 29 de setembro, no Hospital da Trinidade na Acrópole de Monterrei.
É un traballo desenvolvido por tres mozas nadas nos concellos de Monterrei e Verín, cuxo obxectivo é o de “recoller a memoria de persoas residentes nos dos dous lados da Raia Seca, entre España e Portugal ó longo do século XX, con especial interese nas relacións de entre os seus habitantes”.
A exposición inagúrase o vindeiro lúns 12 de agosto ás 20:00 horas no Hospital da Trinidade na Acrópole de Monterrei. Formando parte dende entón, e ata o 29 de setembro, do percorrido das visitas guiadas á Acrópole que teñen lugar tódolos días da semana ás 11:00; 12:30; 17:30 e 19:00hrs. A maiores as fins de semana, sábados e domingos, estará a dispor dos visitantes dende as 16:00hrs.