En portada

Monterrei, primeira D.O. ourensá en recibir a acreditación ENAC

É a segunda denominación vitivinícola galega en lograr esta certificación e a 27ª entidade a nivel español
Botellas de viño da D.O. Monterrei.
Botellas de viño da D.O. Monterrei.

Primeiro foi Rías Baixas e agora Monterrei. A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) vén de acreditar a esta denominación de orixe ourensá segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065 para a certificación dos seus viños. É, polo tanto, a primeira denominación vitivinícola da provincia e a segunda galega en lograr este recoñecemento, “un requisito imprescindible imposto pola Comisión Europea, que implicará unha maior profesionalización das súas adegas”, tal e como se destaca dende o seu consello regulador.

Deste xeito, Monterrei pasa a ser la 27ª entidade acreditada en España pola ENAC para a certificación de viños protexidos. Algo que para esta D.O. ourensá supón un “salto cualitativo trascendental”, en palabras da súa presidenta, Asunción Rodríguez Zarraquiños. A certificación de ENAC, engade a presidenta, “é moi relevante posto que permitirá que o consumidor final posúa a fiabilidade absoluta de que detrás de cada botella de Monterrei existe un control estricto de calidade”. Isto implicará que o CRDO Monterrei pasará a facer labores auditoras e non meramente de inspección xa que “poderá certificar os vinos que ampara”.

Esta certificación supón asemade para Asunción Rodríguez ver cumprido un dos obxectivos que se marcaba ao acceder á presidencia deste órgano réctor a finais do pasado mes de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button