
Case seis meses despois da súa exitosa estrea no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, a obra “Mortos da risa”, do grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira, volverá a representarse este mércores 30 de outubro ás 20h. sobre este mesmo escenario.
Esta función será interpretada por un elenco de 17 actrices e actores da vila, e dirixida por Ana García Earley. Trátase dunha traxicomedia funeraria en 7 actos que, de seguro, atrapará ao público e faralle pasar un rato moi divertido.