EconomíaEconomíaSen categorizarÚltima hora

A Mostra da Oportunidade de Expourense prevé recibir máis de 15.000 visitantes

Os comerciantes da Valenzá duplican a súa presenza na feira e este ano incorpóranse tamén repiten os establecementos do Centro Comercial Aberto Ourense Norte
Rebeca Moreira, Noelia Lage, Emma González, Justo Antonio e Alejandra Domínguez.

Expourense prepárase para acoller, entre os venres 3 e o domingo 5 de marzo, a vixésimo cuarta edición da Mostra da Oportunidade, onde os comerciantes da provincia porán á venda todo o “stock” das rebaixas “a prezos moi vantaxosos”, asegurou a directora adxunta de Expourense, Emma González na presentación de hoxe. A directiva tamén asegurou que este ano haberá “máis dun centenar de expositores” entre os que destacan os das asociacións locais de comercio de Ourense e a súa área, como poden ser a de Ourense Centro, o Couto e a Asociación de Comerciantes de Allariz. Asemade, por segundo ano consecutivo, estarán no recito os socios da Asociación de Comerciantes Ourense Norte e a AGAECA de A Valenzá “que este ano pasamos de dous a catro expositores debido ao éxito da feira pasada”, asegurou a representante desta asociación, Alejandra Lage, na presentación.

Esta representante expuxo que a Valenzá “é un verdadeiro expoñente do comercio loca” xa que entre os seus socios “non hai franquicias, son todos pequenos empresarios” e, ademais, “proporcionan todo tipo de servizos”, asegurou.

Ademais do téxtil, o sector inmobiliario tamén terá o seu protagonismo dentro da feira. “E a pel tamén será un dos grandes sectores desta mostra”, confirmou Emma González. Pola súa banda, Justo Antonio Taín, representante do Centro Comercial Aberto Ourense Norte, asegurou que este evento “é unha oportunidade perfecta para darse a coñecer e poder vender o stock que queda tras as rebaixas”. Taín asegurou que este ano os comerciantes “non cumpriron as expectativas xa que non se chegou a vender o 3% do que almacenaron” e por iso insistiu na importancia da Mostra de Oportunidades “porque os que merquen aquí terán a ocasión de adquirir produtos non moi pasados de tempada, xa que a meirande parte son da pasada”, explicou.

Pola súa banda, Noelia Lage, da Federación de Comerciantes de Ourense, animou á xente a acudir a Expourense “para que poida coñecer o comercio de proximidade, porque só traballando unidos en eventos como este poderemos poñer ao comercio local da provincia no sitio que merece”, argumentou.

Artigos relacionados

Back to top button