CulturaCulturaÚltima hora

Mostra de apeiros agrícolas tradicionais en miniatura, no Castelo de Castro Caldelas

Son obra do artista caldelao Gerardo Amaro, natural da aldea de Soutelo

 

Eran numerosas e moi diferentes os apeiros que, décadas atrás, se empregaban a diario nos labores tradicionais do campo. Ferramentas que en moitos casos, son descoñecidas polas novas xeracións e que agora o artista caldelao Gerardo Amaro vén de reunir nunha singular exposición de “Apeiros agrícolas tradicionais en miniatura”, elaborados por el mesmo.

A mostra pode visitarse xa no Museo Etnográfico na Tulla do Castelo de Castro Caldelas. “Este artista de Soutelo, na Parroquia de S. Paio emigrante en Barcelona, autodidacta e virtuoso da harmónica demostra un gran coñecemento dos oficios tradicionais labregos, á vez que demostra un gran dominio no traballo de esculpir a madeira. Todo o traballo feito é de xeito autodidacta e dos recordos que acumula dos traballos feitos e vividos ata a súa xuventude na aldea”, destaca a alcaldesa caldelá, Sara Inés Vega.

O acto inaugural da mostra (ao que corresponden estas fotos) contaba coa presenza da alcaldesa de Castro Caldelas, da concelleira de Benestar Social e do artista-artesán Gerardo Amaro.

Ademais dende o Concello convídase “a todos os veciños a visitar esta exposicións, que recorda os traballos que a xente do campo realizaba manualmente ata hai moi poucos anos”, ademais agradécese a Gerardo Amaro a aportunidade de “revivir un tempo pasado e uns vocablos que xa parecen moi lonxanos”.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button