ConcellosCulturaCulturaManzanedaMúsicaÚltima hora

Mostra de música e baile tradicional en Manzaneda

 

A tradición cobra protagonismo na celebración do Nadal en Manzaneda. Así na tarde do 28 de decembro, a partir das seis da tarde tiña lugar unha Mostra de música e baile no Centro de Día da Vila.

 

 

No seu decurso soaban as voces e os instrumentos tradicionais (pandeiretas e gaitas, principalmente) e tamén se defrutaban con diversos bailes. Entre os participantes na mostra había persoas de diferentes idades. Ademais, Manzaneda recibía a visita do Pandigueiro, personaxe mítico do Nadal no Macizo Central Ourensán.

Imaxes cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button