CulturaCulturaÚltima hora

Mostra de teatro afeccionado en Viana

Tres grupos actuarán na Casa da Cultura do 1 ao 3 de agosto
Escea de "Perseguindo un soño" de La Caja de Pandora/Foto: Mónica G. Bellver
Escea de “Perseguindo un soño” de La Caja de Pandora/Foto: Mónica G. Bellver

A primeira fin de semana do mes de agosto, celebrarase na Casa da Cultura de Viana do Bolo, a I mostra de teatro afeccionado que contará coa actuación de tres grupos: un de Viana, outro de Verín e un terceiro de Padrón.

O primeiro en subir ao escenario será o grupo La Caja de Pandora de Verín que acturá mañá venres día 1, coa obra “Perseguindo un soño” que narra a historia dun grupo de anciáns abandonados nunha residencia clandestina. Ao día seguinte, sábado día 2, tocaralle o turno ao grupo Xoré Teatro de Padrón que interpretará “O segredo de Uxía” que trata o tema do incesto. Pechando a mostra, o domingo día 3 Candea Teatro de Viana presentará a obra “Xulia e os Pérez” que fai unha reflexión sobre os malos tratos. As tres obras están dirixidas por Ramón Torrente García, psicopedagogo e mestre natural de Padrón.

As representacións serán a partires das 21:30h.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button