CulturaCulturaÚltima hora

Mostra sobre a arte milenaria da tatuaxe no marco do Festival Arteficial, en Ribadavia

 

No marco desta edición do Festival Arteficial de Ribadavia incluírase a exposición artística “Arte efémera para toda unha vida: Cuestións sobre a tatuaxe”. A súa inauguración está prevista para mañá, xoves 31 de agosto, ás 20:00h. nas instalacións do Museo Etnolóxico de Ribadavia, no cal se poderá visitar, de balde, ata finais de setembro.

Esta mostra xira en torno á arte milenaria da tatuaxe dende a perspectiva de cinco artistas, que a través de diferentes soportes físicos e visuais, pretenden respostar a diferentes custións sobre esta actividade, como pode ser a súa historia, significados, problemáticas, creacións, etc.

Artigos relacionados

Back to top button