En portadaEn Portada EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Mulleres de diferentes puntos da comarca asisten á Cea de Comadres na Rúa

A colorida e animda xuntanza tiña lugar, un ano máis, no Casino

 

Nubes de treboada, unicornios, indias, sevillanas, abellas, corsarios, e até un Jocker moi particular. Rapeiros, exipcias, indias, wallys, vampiresas, cleopatras, paiasas, cíngaras, curas, bispos, monxas, porquiñas, froitas, sambeiras, corsarias, bruxas, coches de choque, gardas urbanos, e un sinfín de personaxes do conto Alicia no País das Marabillas,… Un colorido, orixinal e traballado abano de disfraces desfilaban na noite do xoves 20 de febreiro polo Casino da Rúa.

 

 

Alí máis de 200 mulleres de toda a comarca de Valdeorras, asistían á tradicional Cea de Comadres na que nos faltaron os doces de Entroido como as orellas.

Antes, as mulleres disfrazadas ían entonando o corpo nos bares da localidade e unha vez no Casino a festa rachada extendeuse ata altas horas da madrugada.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button