ConcellosEn portadaSoberÚltima horaVídeos

Multitude de persoas desfrutan da XLIII Feira do Viño de Amandi, en Sober

 

Sober convertíase neste sábado 1 de abril en punto de encontro de numerosas persoas que acudían á vila lucense para desfrutar da XLIII Feira do Viño de Amandi, que abría as súas portas a partir das 11h. Ao longo da xornada o recinto feiral enchíase de público que percorría as casetas das 23 adegas participantes (A Man de Prado, Algueira, Barbado, Cividade, Cruceiro, Don Bernardino, Estrela, Finca Cuarta, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Marcelino I, Petrón, Proencia, Rectoral de Amandi, Rectoral de Gundivós, Regina Viarum, Soutelo, Tear, Val da Lenda, Viña Frieira e Viña Peón) nesta edición para degustar os seus brancos e tintos, nun ambiente animado pola música.

 

 

Así ás 12h. actuaba o grupo de música tradicional Rechouchíos de Taboada. E durante a terde podía desfrutarse dun concerto da Banda de Música de Sober e do ritmo da charanga Louband de Sarria.
Para as 23h. está prevista a actuación de Gin Tonic’s na Praza do Concello. Nesta sábado tamén tiña lugar a precata oficial da feira.

O programa será tamén moi completo na xornada de mañá 2 de abril, e nel destaca o pregón, a cargo do actor e cómico galego Xosé Antonio Touriñán.

 

 

Programa do 2 de abril

-Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Final Oficial.
Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13:00 horas. Pregón.
-Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
-Ás 17:30 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra La Oca Band.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella

 

 

Artigos relacionados

Back to top button