ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria exhibición da Garda Real no Barco

 

Dende a rúa Pescadores, de onde saía o pasarrúas de movementos floreados, ata o campo da festa eran miles de persoas as que concentraban no Paseo do Malecón do Barco para ver a exhibición que realizaba ás seis da tarde do 19 de maio a Garda Real.

A comitiva ía precedida pola sección de motos, con sete Harleys, da Garda Real e por seis cabalos do escuadrón de cabaleiría. Unha vez na explanada, tiña lugar a exhibición dos gardas reais coas súas armas e outros elementos. Ao rematar o acto, os veciños tiñan a oportunidade de fotografarse cos cabalos e tamén había actividades para os máis pequenos que probaban sorte coa tirolina.

Fotos: Ángeles Rodríguez, agás as tres últimas da galería, que son de Mónica G. Bellver

Máis fotos:
https://osil.info/o-pasarruas-de-movementos-floreados-da-garda-real-no-barco-ao-detalle/
https://osil.info/guardia-real-loce-os-seus-uniformes-en-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button