EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Multitudinario pregón da Feira do Viño de Quiroga con Carlos Sobera

 

A rúa principal de Quiroga quedábase pequena para acoller á multitude de persoas que se reunían para asistir ao pregón da XLI Feira do Viño desta vila, que nesta edición corría a cargo do presentador televisivo Carlos Sobera. Arredor das oito e media da tarde subíase ao escenario situado xunto ao recinto feiral, acompañado, entre outras autoridades polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e polo conselleiro do Medio Rural, José González.

 

 

Sobera era presentado por José Manuel Parada e Tania Taboada e logo iniciaba un singular pregón. Recoñía que era a segunda vez na súa vida, que asumía o papel de pregoeiro, “a primeira vez foi no meu pobo”; é que non era moito de discursos. Por iso nunha breve intervención agradecía o convite do alcalde para estar presente este Sábado Santo en Quiroga, anunciaba que vai volver pronto á zona, nunha viaxe na que estará acompañado pola súa dona, e animaba aos asistentes a desfrutar dos bos viños quirogueses.

 

Despois do pregón, dábase paso á resolución do concurso de camisetas e, deseguido, soaba o rtimo da orquestra Marbella.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button