OurenseÚltima hora

O Museo Municipal de Ourense acolle 45 bosquexos do afamado Laxeiro

Esta mostra titulada “Laxeiro sobre papel” fai un compendio de debuxos que o artista fixo entre as décadas dos 30 e dos 40 e principios dos 50 até o 4 de febreiro

Laxeiro dende un punto de vista totalmente diferente. Esta é a carta de presentación da exposición “Laxeiro sobre papel” que hoxe, 13 de decembro, se inaugurou no Museo Municipal de Ourense.

Segundo explicou o comisario da mostra, Javier Pérez Buján, estes debuxos “non foron pensados para seres expostos”. Estes 45 debuxos que o pintor fixo entre a primeira metade de século, concretamente entre os anos 30 e 40 e principios dos 50, “son bosquexos”, asegurou o comisario.

Javier Pérez convidou a “somerxirse nese obradoiro de creación de Laxeiro” e a ver máis aló. Entre esa colección, pódese ver un Laxeiro retratista, “que escapa dos temas do rural e da ribeira de Vigo”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Quen salientou que é a primeira vez que Laxeiro volve á cidade “despois de 15 anos”.

A exposición está aberta ao público até o 4 de febreiro.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button