
Moita actividade acollerá nos vindeiros meses o Teatro Lauro Olmo do Barco, cun completo programa de obras de teatro pero tamén concertos.
A programación cultural del Concello para o último trimestres do ano comezará mañá, 27 de setembro, coa actuación de Sarabela que porá en escena a obra Made in Galicia; e rematará o 13 de decembro con Ibuprofeno Teatro e O Furancho.
E entre medias, subirase ao escenenario o grupo barquense Gargallada coa súa obra Alimañas (1 e 2 de novembro); e a pianista serbia afincada no Barco Sara Marianovich que dará un concerto conmemorativo dos “25 anos sen o mestre Joaquín Rodrigo”.




