CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música e versos na clausura da mostra homenaxe a Almudena Grandes en Madrid con Lucía Álvarez, entre outros participantes

Esta actriz, natural de San Xoán de Río, é ademais comisaria desta exposición xunto ao poeta José Manuel Lucía Megías

A escritora Almudena Grandes./ Foto: Lucía Álvarez.

 

Con motivo de clausura da exposición “A loita pola liberdade. Textos e imaxes para unha homenaxe Complutense a Almudena Grandes”, comisariado pola actriz Lucía Álvarez, natural de San Xoán de Río, e polo poeta José Manuel Lucía Megías, a produtora MEZZOFORTE 111 en colaboración coa Universidade Complutense de Madrid celebrará un acto no Paraninfo da Facultade de Filología na Universidade Complutense de Madrid. Será o luns 23 de maio ás 19h. e a entrada é libre ata completar aforo.

A apertura desta clausura correrá a cargo do decano Eugenio Luján Martínez, que dará paso a un acto que “non pretende ser unha homenaxe en si mesma, senón unha especie de celebración coas músicas que máis emocionaban a Almudena Grandes e cunha selección de textos que representaron unha parte importante da súa vida”, tal e como avanza a organización.

 

Lucía Álvarez e o poeta José Manuel Lucía Megías , coa imaxe do cartel desta exposición homenaxe a Almudena Grandes./ Foto cedida por Lucía Álvarez.

 

Este acto estará presentado pola actriz Lucía Álvarez e polo poeta José Manuel Lucía Megías. A música correrá a cargo da pianista Rosa Torres- Pardo e dos cantautores Rozalén e Javier Ruibal.

Na lectura de textos participarán a actriz Blanca Portillo, o xornalista Jesús Maraña, o escritor Eduardo Mendicutti e o poeta Luis García Montero, ademais da propia Lucía Álvarez. Así mesmo este evento contará cunha intérprete de lingua de signos e audiodescrición para que sexa plenamente inclusivo, como é habitual nas producións de MEZZOFORTE 111.

O acto tamén se poderá seguir por Youtube na canle da produtora MEZZOFORTE 111.
Ligazón: https://youtu.be/cp9nieI6 P44

Artigos relacionados

Back to top button