Quince días despois de que algúns membros de AMAVA participasen nunha animada jam sessión no Barbudos, músicos da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras participaban nun concerto noutro establecemento hostaleiro do Barco.
Na noite deste sábado 11 de novembro, festividade de San Martiño con magostos en infinidade de pobos, a clientela do bar Beer para Creer asistía a unha animada sesión de música alternativa e en directo.
Fotos cedidas.