CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música en directo e oferta gastronómica para o vemú e tardeo, este sábado 5 de abril no Skándalo do Barco

Tocará o grupo quirogués Colomán & The Clocks Band e pincharán os Djs Frankie, Dani Argü e Karayán

O Dj Dani Argü./ Foto cedida.

 

Música en directo, varios djs en cabina e unha interesante oferta gastronómica na xornada deste sábado 5 de abril no Skándalo do Barco de Valdeorras. Javier Ferrer, xerente do establecemento hostaleiro, anuncia un programa moi “completo de lecer musical e manduca para vivir un sábado de festa por todo o alto”.

A partir das 13h. o local estará preparado para os vermús e ás 14h. tocará en directo o grupo quirogués Colomán & The Clocks Band con temas propios e versións de todos os tempos. En palabras do líder, guitarrista e vocalista, Mario Colomán “temos un estilo moi enérxico e paixonal, gústanos contar unha historia co que facemos no escenario e á vez facer que a xente goce como nunca”. Completan a banda, Brais Fernández, baixista e corista; Alberto Losada, batería; e Diego, guitarrista principal.

A continuación e sen baixar o ritmo, pasarán por cabina os Djs Frankie, Dani Argü e Karayán facendo que a sesión vermú empalme co tardeo.

E como a festa tamén pide comer, Javier comenta que haberá paella, xamón asado e táboas de embutidos, entre outras cousas, a prezos populares e ata final de existencias. “Un sábado completo dende o mediodía e ata que o corpo aguante”, asegura do xerente.

 

Artigos relacionados

Back to top button