En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Música para recibir o Nadal no Barco

A Banda de Música do Barco e o Orfeón Valdeorrés ofrecían o seu tradicional concerto navideño na igrexa de Santa Rita da vila

Co villancico “Campana sobre campana”, o público en pé e cantando, finalizaba o concerto de Nadal conxunto da Banda de Música do Barco e do Orfeón Valdeorrés na tarde do 23 de decembro na igrexa de Santa Rita do Barco. Numerosas persoas se daban cita nesta tradicional actuación que acostuma encetar a celebración navideña nesta vila valdeorresa.

O concerto comezaba coa actuación do Orfeón Valdeorrés, baixo a dirección de José Ramón Mansilla, que cantaba varias pezas, entre as que non faltaban os villancicos. De seguido, tocaba a Banda barquense, que dirixe Manuel Prada Ramos, cun repertorio que incluía pasodobres e diversas bandas sonoras, entre outros temas. Ao final, as dúas agrupacións musicais interpretaban xuntas unha serie de villancicos como “Jingle Bells” e “Blanca Navidad”. A actuación que remataba con bises e entre fortes aplausos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button