CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Músicos de AMAVA poñen ritmo á noite do venres no Escondite Inglés, na Rúa

 

Cunha animada actuación musical en directo se atopaban na noite do venres 22 de novembro os clientes do Escondite Inglés, na Rúa.

Despois de cear, os asistentes desfrutaban dunha Jam Session da man de AMAVA (Asociación de Música Alterntativa de Valdeorras), que comezaba coa actuación do grupo El Patio de Leni e continuaba con diferentes agrupacións de xoves músicos da comarca.

Unha bonita forma de comezar a noite para os amantes da música, a ritmo de pop e rock con músicos veteranos e xoves promesas, xuntos nun mesmo espazo.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button