ConcellosÚltima hora

Na maioría das localidades de Valdeorras a luz non volveu ata ben entrada a madrugada

 

Ás 12:30 horas do luns 28 de abril producíase o apagamento xeneralizado que deixaba a toda España e outros países europeos sen luz durante horas. No caso de Valdeorras volvía de forma moi progresiva.

A primeira localidade en recuperar o suministro eléctrico era a capital da comarca, O Barco de Valdeorras, onde volvía ás 17:30 horas aínda que volvía marchar unha horas despois (nesta ocasión durante uns minutos). Outra cousa era a conexión a internet, intermitente durante todo o día e nula durante a noite.

Noite era xa cando se recuperaba a luz noutros puntos como Arcos e, avanzada a madrugada, no resto. En localidades do concello de Petín chegaba ás 6 horas e pouco despois, ás 6:20 horas, na Rúa e resto de Vilamartín, recuperándose tamén a conexión a internet, tras máis de 18 horas de apagamento.

 

 

Fotos: O SIL

Artigos relacionados

Back to top button