ConcellosÚltima hora

Na provincia liberáronse 7.757 viais de Torymus sinensis no que vai de ano para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Isto supón a solta duns 275.000 individuos, segundo a Consellería do Medio Rural
Exemplares de Torymus sinensis.

Ourense é a provincia galega na que se ten intensificado máis a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), segundo a Consellería do Medio Rural. É o territorio no que máis soltas do parasito Torymus sinensis se están a realizar, para combater esta praga. “Así, só este ano liberáronse xa un total de 7.757 viais do parasito (cada un deles contén aproximadamente entre 35 e 36 individuos), fronte aos 2.399 viais do pasado ano. Isto supón a solta duns 275.000 individuos. Polo tanto, a liberación multiplicouse por tres. No conxunto de Galicia soltáronse ata o de agora máis de 19.000 viais con Torymus, estándo previsto superar a cifra de 20.000″, aseguran dende Medio Rural.

 

Visita da conselleira do Medio Rural ao Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós.

 

Nestes datos incidía tamén na mañá do 11 de xuño a titular deste departamento autonómico, Ángeles Vázquez, durante a solta deste parasito no concello ourensán de Riós, onde estivo acompañada neste acto polo director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entre outras autoridades.

Ángeles Vázquez lembraba que dende o pasado marzo técnicos da consellería realizaron un seguimento semanal dos máis de 9.000 puntos previstos e autorizados (polo Ministerio de Agricultura) de solta. Este traballo tivo por obxecto facer a liberación no momento máis adecuado para que o parasito teña as maiores posibilidades de éxito, tendo en conta as condicións meteorolóxicas e o estado dos soutos.

A conselleira do Medio Rural aproveitou a súa estadía en Riós para coñecer o seu Centro de Desenvolvemento Agroforestal, instalacións de referencia para o cultivo da castaña.

Artigos relacionados

Back to top button