EconomíaEconomíaÚltima hora

Na XXVI Feira da Rosca de Sober repartiranse 2.000 racións de rosca con queixo

A degustación gratuíta será o sábado 12 de agosto ás 13 horas

Degustación da rosca con queixo.

 

Os vindeiros 11 e 12 de agosto celebrarase en Sober a XXVI edición da Feira da Rosca que inclúe mel e outros produtos da Ribeira Sacra como o viño.

O programa comezará o venres ás 21 horas coa actuación do grupo Boroa co espectáculo O’Clásico Fol e a inauguración do V Túnel do Viño de Amandi. O horario será de 18 a 22 horas o venres e de 11 a 15 horas o sábado.

Con todo será o sábado o día central da feira. Un disparo de bombas de palenque anunciarán ás 10 horas a apertura de stands e cara as 11 comezarán as actividades: demostración de traballos en madeira tallada e torneada da Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes; e obradoiro de fieltro para todos os públicos, de ovella viva (de 11 e 13 horas).

Para as 11:15 horas actuará o grupo Os Monifates e ás 12 Horas a Banda de Acordeóns O Folión de Os Xograres de Lemos. Para as 13 horas está prevista unha degustación gratuíta de 2.000 racións de Rosca de Sober con Queixo.

Artigos relacionados

Back to top button