CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Nace o ‘Trofeo Godello Valdeorras’ de veteranos

O CD Rúa e o Vélez CF (Málaga) xogarán a primeira edición este venres 19 de xullo no campo Vicente Solarat

Veteranos do CD Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Volve o fútbol de veteranos ao campo Vicente Solarat Maceda, desta volta en forma de trofeo. Este venres 19 de xullo ás 19 horas disputarase o I Trofeo Godello Valdeorras entre o CD Rúa e o Vélez CF (Málaga).

Organizado polos veteranos do Rúa, o partido xogarase no campo Vicente Solarat e conta coa colaboración do Concello, das adegas Sampayolo e Alan de Val e da Cooperativa Virxe da Viñas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button