ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Nadal en San Xoán de Río

Reis Magos en San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

En torno a catro actividades xira a programación de Nadal en San Xoán de Río. A primeira será o sábado 24 de decembro coa visita de Papá Noel que de 17 a 17:30 horas percorrerá ás rúas ata a praza Pedro Fernández.

A segunda actividade e novidade deste ano é aa presentación do libro ‘Arrieiros Somos’ de Rubén Riós. Será o venres 30 de decembro ás 17 horas no Centro Social e contará por conta do alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, e do propio autor.

E xa no 2023, o 2 de xaneiro viaxarán ata Pazolandia (Ourense) os nenos que se anotaran previamente (teñen ata o 30 de decembro) no Concello; quedando para o 5 de xaneiro a tradicional visita dos Reis Magos ao Centro Social ás 16 horas cunha chocolatada ao remate.

 

Artigos relacionados

Back to top button