EconomíaEconomíaÚltima hora

Nadira Aljayde de Quiroga, un dos 17 negocios premiados na Gala do Comercio de Lugo

Foi o comercio gañador da Asociación Xeoparque Montañas do Courel

 

Na tarde do xoves 14 de decembro celebrábase na seda da Deputación de Lugo a Gala do Comercio que poñía o broche á campaña “Merca e escolle ao mellor comercio da túa vila”, unha iniciativa promovida pola institución provincial e organizada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo.

Na velada, conducida pola periodista Sara Meijide e que contou coa presenza do presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, entregáronse os premios aos 17 negocios máis valorados polos consumidores, entre os que está Nadira Aljayde de Quiroga, que participaba dentro da Asociación Xeoparque Montañas do Courel.

 

Almudena Rodriguez Bascoy co diploma.

 

“O ano pasado xa participei que quedei terceira de todo Lugo e este ano decidion que a competencia fose máis igualada e levei o premio de 500 euros”, explica Almudena Rodríguez Bascoy, a propietaria do comercio (moito máis que unha mercería), que recollía o galardón (cheque e diploma), recoñecendo que lle fixo moita ilusión ser a elixida entre todos os negocios de Quiroga, Ribas de Sil e Courel que conforman a asociación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button