DeportesÚltima hora

Néboa e sol nunha nova edición do Épico Pía Paxaro

 

O Épico Pía Paxaro, fermosa ruta en bicicleta de montaña con saída en Quiroga para coroar o Pía Páxaro, o monte máis alto da comarca a 1.640m. segue máis vivo que nunca. Nacía co obxectivo de desfrutar dunha xornada de bicicleta e montaña, nun ambiente familiar no que, por riba de todo, priman o compañeirismo e a amizade e un ano máis volvíase celebrar.

 

 

Na xornada do sábado 29 de xuño un grupo de 30 personas entre ciclistas e familiares participaban no Épico 2024. Os ciclistas subían ao Pía paxaro “con algo de néboa nas primeiras horas e sol a partir do mediodía”, conta Celes González, promotor da iniciativa, puntualizando que as familias fixeron unha ruta de senderismo por A Cubela no inicio dos Canóns do Sil.

 

 

O xantar, coma sempre tiña lugar na Cantina do Foguete en Pacios da Serra para acabar descendendo ata a beira do río Quiroga. Toda unha experiencia que o ano que vén cumprirá dez anos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button