CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A barquense Nerea Jiménez conquista a Lola Índigo e entra no seu equipo para as “batallas” de ‘La Voz’ en A3

 

Malia asegurar que non foi a súa mellor actuación, Nerea Jiménez conquistaba con All I ask de Adele a Lola Índigo, membro do xurado de La Voz 2026, nas audicións a cegas retransmitidas no programa de Antena 3 o venres 16 de outubro, o que a leva a formar parte do seu equipo para a seguinte fase do concunso, as “batallas”.

A través das redes a cantante barquense que está en Salamanca cursando unha carreira musical, aseguraba estar contenta e moi agradecida a Lola Índigo “por ver algo en min e deixarme vivir o soño da miña vida”. Emocionada e “rebordada de felicidade”, tal como ela mesma expresa, dá as grazas por “deixarme seguir desfrutando da música nun escenario tan incrible e nun súper equipo”.

Como membro do equipo “Lola”, Nerea espera poder demostrar de todo o que é capaz na seguinte fase do concurso musical.

 

Back to top button