A RúaConcellosÚltima hora

Nesta semana comezarán as obras de mellora do segundo andar do Concello da Rúa

Tamén se está levando a cabo o cambio de luminarias por leds

Fachada da Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nesta semana son varias as obras que se levarán a cabo na Rúa. O pasado 27 de setembro comezaba o cambio integral das luminarias por sistema led para mellorar a eficiencia enerxética e tamén  “aforrar todo o que poidamos” puntualiza o alcalde Álvaro Fernández, adiantando que neste momento xa completaron o cambio na zona da Arnaveca, Coballo e Fontei, tendo previsto que nun par de semanas aproximadamente esté todo o concello con leds. O presuposto deste proxecto supera os 300.000 euros.

Tamén se fixeron obras nas rúas Coballo e A Casilla e na mañá deste martes 4 de setembro, procedíase á substitución de dous postes de luz na zona do Aguillón. “Eran de madeira e estábanse pudrindo polo que se lle solicitou a Fenosa que os cambiaran e fixérono hoxe”, di Álvaro, adiantando que mañá está previsto o inicio das obras de mellora do segundo andar do Concello, que incluirán a instalación de aire acondicionado e calefacción.

Durante o tempo que duren as obras os Servizos Sociais e a oficina de Urbanismo estarán ubicados na planta baixa, xunto á Policía Local.

 

Cambiando postes da luz no Aguillón./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button