DeportesÚltima hora

Nesta Semana Santa a Estación de Montaña Manzaneda abre o Bike Park con nove pistas

Un rider no Bike Park de Manzaneda.

 

Logo dunha boa tempada de inverno na que a Estación de Montaña Manzaneda puido abrir as súas portas cuberta de neve ata seis fins de semana consecutivas para a práctica do sky e snowboard, as instalacións volverán demostrar o seu atractivo como parque multiaventura na primavera.

Así, a apertura do Bike Park adiántase a Semana Santa con descontos especiais e “agárdase que o bo tempo anime aos visitantes para gozar dos descensos sobre dúas rodas polas pistas que ata hai pouco estaban cubertas de neve”, din dende a estación.

O Bike Park, con 9 pistas adaptadas e acceso ao remonte con portabicis volverá ser o principal reclamo dos afeccionados ás bicicletas. As pistas identifícanse cun código de cores en función do grao de dificultade: as verdes son as máis sinxelas, as azuis as intermedias, as vermellas resérvanse para un nivel avanzado e as negras exclusivamente para expertos. A maiores, habilitouse unha pista morada denominada Os Miradoiros para BTT.

 

Identificación de pistas.

 

Manzaneda propón opcións para todos os niveis, desde os principiantes ata os expertos, apostando para que as visitas á Estación tamén poidan realizarse en familia. Na clasificación de cor verde atópanse as pistas de Xeitosa e Medras. Subindo a dificultade ata a cor azul atópanse Carqueixa e Avalancha. Na primeira, os deportistas enfrontaranse a algúns saltos artificiais de pouca dificultade e sempre con alternativa para os que non queiran despegar as súas rodas do terreo máis do imprescindible. O circuíto Avalancha manterá o nivel de Carqueixa, con algún salto artificial, pasos por bosque con curvas ben debuxadas e terreo ideal, tamén con alternativas para os que non sentan preparados para voar e prefiran a seguridade de levar a súa bici pegada ao chan. O nivel sobe ata a cor vermella en Festuca, Cabra Caveira e Rochas. Por último, en cor negra atópase a pista da Secreta.

Máis información en www.manzaneda.com.

Artigos relacionados

Back to top button