ConcellosÚltima hora

Neutralizados 12 niños de velutina en Valdeorras e 1 en Viana neste martes

 

A caída das follas está deixando ao descuberto nestes días numerosos niños de Vespa velutina de considerables dimensións en Valdeorras. Respondendo aos avisos recibidos por parte da veciñanza, nesta xornada de martes 9 de novembro Seaga (encargada dos operativos do Plan de loita contra a Vespa velutina en Galicia) procedía a neutralizar un total de 12 niños nesta comarca: 2 no Barco (un deles en Viloira), 2 en Carballeda de Valdeorras (en zonas como Pumares), 4 en Rubiá, 3 no Bolo (un deles en Barxa) e 1 na Rúa. Ademais neutralizábase 1 niño en Viana do Bolo.

Ao non poder ser atentidos neste martes, quedan pendentes cinco avisos en Vilamartín, 1 no Barco e 1 na Rúa, polo que os técnicos de Seaga voltarán á comarca para destruílos.

Se unha persoa detecta un niño de velutina é importante que dea aviso do mesmo a través do correo electrónico 012velutina@xunta.gal ou ben chamando ao 012 (a chamada non é gratuíta) para que se proceda á súa destrución.

Coa eliminación destes niños pode romperse o ciclo vital do insecto, é dicir, evitar que as raíñas que conteñen poidan ser fecundadas e, tras hibernar, e crear novos niños na vindeira primavera que contribúan a unha maior expansión da velutina.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button