DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A neve enche a estación de montaña de Manzaneda

Multitude de persoas danse cita nestas instalacións, as únicas deste tipo de Galicia, para desfrutar do deporte branco

Non teñen sido moitas as oportunidades de desfrutar da neve no que vai de inverno. Por iso, tras as nevadas caídas nos últimos días na montaña ourensá, eran moitas as persoas que escollían como destino para esta fin de semana a Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda, a única existente na comunidade galega.

Ademais de deportistas que aproveitaban a zona esquiable, hai numersoas familias con nenos que se achegaban dun xeito lúdico á neve. Moitos deles viñan ademais de Portugal. E despois de gozar do deporte, repoñían forzas nos servizos de hostalaría da estación.

Segundo a información que ofrece a estación na súa web, nestes momentos (28 de xaneiro) hai tres remontes: 3 de 6 (2Telesquís / 1Telesillas) a calidade da neve é po, con espesores entre 20/10 cm e hai 6,05 km esquiables de 16.92.

Os accesos á estación están abertos pero recoméndase que os vehículos vaian provistos de cadeas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información:

http://www.manzaneda.info/

 

Artigos relacionados

Back to top button