
Neste martes 23 de febreiro vén iniciarse a vacinación contra o Covid no Centro de Saúde de Trives das persoas maiores de 80 anos que non viven en residencias. A primeira en recibir a vacina foi Celsa Hugueros. Este centro é un dos 20 puntos de vacinación desta campaña na provincia de Ourense, que xa se iniciaba onte noutros centros de saúde como os do Barco e Viana do Bolo.
Para evitar aglomeracións no exterior do Centro de Saúde de Trives, estase contando coa colaboración e efectivos de Protección Civil, que axudan no control de accesos e no cumprimento de medidas de seguridade.
Ademais de en Trives, este martes iniciáse tamén a campaña de vacinación fronte ao Covid nos centros de saúde de Verín, Castro Caldelas, Coles, Allariz, A Carballeira e Celanova.
