CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Norma Winchester pon música á primeira noite das festas do Cristo no Barco

 

Na noite deste venres 10 de setembro e tralo multitudinario e emotivo pregón que daba o médico barquense Eduardo Gómez Vidal, Norma Wincherter poñía música á primeira noite do programa cultural do Cristo 2021.

Facíao pasadas as 23 horas na carpa instalada no campo da festa onde, acompañada pola banda Bluedays, ofrecía un sólido espectáculo de rhyhm & blues, jump e swing.

Norma Winchester é o reflexo da forza que desprende unha privilexiada voz unida a un encantador carisma dentro e fóra do escenario. Unha voz na liña das grandes divas da música afroamericana dos anos 40 e 50 do século pasado que fixo as delicias do público barquense.

A actuación forma parte do programa Terrasón 2021 que inclúe o concerto de Gin Toni’s esta noite no campo da festa e Blues do País mañá na praia fluvial.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button