ConcellosO BarcoÚltima hora

Nova concentración de funcionarios do Concello do Barco “por unha negociación xusta da RPT”

 

Igual que hai unha semana, na mañá deste xoves 18 de un grupo de funcionarios do Concello do Barco de Valdeorras, a maioría policías municipais, concentrábanse na praza (nesta ocasión diante da Casa Consistorial) para reclamar “unha negociación xusta da RPT”.

“En xuño do ano pasado o alcalde comprometérase a facer mesas de negociación que non se están convocando. O que buscamos é continuar coa negociación e que se lle dé unha volta ao documento que se nos trasladou porque consideramos que non é acertado”, explicaba o responsable de Administración Local do SCIF na provincia de Ourense, Eduardo José González.

Os asistentes á concentración aseguran que seguirán concentrándose cada xoves “ata que nos fagan caso”.

 

 

Foto e vídeo cedidos

Artigos relacionados

Back to top button