SanidadeÚltima hora

Nova concentración en Viana para demandar melloras no servizo de pediatría

Na mañá do 13 de decembro a entrada do Centro de Saúde de Viana do Bolo acollía unha nova concentración convocada pola Asociación de Apoio á Lactancia Materna e Crianza Respectuosa deste concello en demanda de “un servizo de pediatría de calidade”. Dende setembro este colectivo vén demandando que se amplíen “os días de servizo e que se cubran as vacacións e permisos e solicitamos un servizo de matrona”.

Bico Doce fixera públicas as súas demandas en setembro pasado e ante elas a Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense anunciaba que se ía estudar a actividade e demanda da Unidade de Pediatría do Centro de Saúde de Viana do Bolo.

Fotos: S. Vilasánchez.

Artigos relacionados

Back to top button