Malia á chuvia, o exterior do Centro de Saúde do Barco convertíase, un luns máis, en escenario dunha nova concentración en demanda dunha “atención primaria digna”. Veciños e persoal sanitario reuníanse no mediodía deste 24 de xuño durante cinco minutos portando carteis con esta reivindicación.
Foto cedida.