
Uno máis, no marco das Festas de San Xurxo, en Vilamartín de Valdeorras o ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino organiza unha nova edición do seu “Mercadillo Reciclar’te” para o sábado 26 de abril a partir das 11 horas.
Seá na praza do pobo e contará con postos de artesanía, produtos típicos, oportunidades, segunda man,… podendo tamén aproveitar a sesión vermú coa música dos Charangaiteiros.
A ANPA organiza tamén un bingo popular para recadar cartos para o colexio.