EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Nova liña de axudas do Igape

Vén de presentarse en Ourense no decurso dunha xornada na CEO
Xornada do Igape na CEO.
Xornada do Igape na CEO.

A nova liña de préstamos Jeremie, convocada polo Igape, dábase a coñecer na xornada celebrada na mañá do 20 de xuño na sede da Confederación Empresarial de Ourense. Conta cunha dotación inicial de 8 millóns de euros procedentes de fondos Feder e coa que a Xunta poderá mobilizar un mínimo de 15 millóns de euros no tecido empresarial. Así o expoñían o director do Igape, Javier Aguilera, e Curro López, subdirector de Información deste organismo, que ademais explicaron os instrumentos de financiación habilitados pola Consellería de Economía e Industria no marco do Programa Galicia 1000: liñas de préstamos directos, préstamos bonificados ou préstamos avalados para financiar novas inversións, ou necesidades de circulante para microempresas e pemes galegas.

Ao abeiro do Impulsa Ourense, estas bonificacións de préstamos bancarios poderá ser de ata 4 puntos para as empresas ourensás.Por outra banda, no marco do Programa Galicia 1000, as empresas teñen á súa disposición os fondos de capital risco e préstamos participativos de Xesgalicia, cos que se poden apoiar tanto os proxectos empresariais dos novos emprendedores como o impulso a proxectos de sectores estratéxicos ou de empresas viables que requiran fondos para sortear problemas coxunturais.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button