A RúaConcellosÚltima hora

Nova repunta de casos activos de Covid na Rúa, cun total de 32

O alcalde rues, Álvaro Fernández, asegura que "non é un brote explosivo"

Vista parcial da Rúa dende o encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda é cedo para coñecer o resultado total do cribado poboacional de Covid feito onte na Rúa, pero o número de positivos segue subindo, cunha nova repunta que sitúa o total en 32, catro máis que onte, segundo os casos facilitados polo Sergas ao Concello. “Supoño que algún positivo sairía do cribado pero tamén poden corresponder a probas en marcha solicitadas polos rastreadores”, di o alcalde Álvaro Fernández, asegurando que “non é un brote explosivo”.

Este municipio valdeorrés ten detectado 26 novos casos nos últimos 14 días, estando no nivel medio-alto de restricións, o cal implica:

  • Hostalería aberta ata as 17 horas cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior.
  • Agrupacións de máximo 4 persoas tanto no interior como no exterior.
  • Restrinxida a mobilidade noctura de 23 a 6 horas.
  • Llimitacións especiais de mobilidade. Non se pode saír nin entrar do municipio salvo por causas xustificadas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button