DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Nova xornada de atletismo en pista “Xogade”, no Barco

Por terceira fin de semana consecutiva as pistas barquenses de Calabagueiros veñen de acoller unha xornada previa de atletismo en pista “Xogade” (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Comezaba rozando ás seis da tarde do 20 de abril coa participación de numerosos atletas de categorías inferiores chegados dende diferentes puntos do oriente ourensán e tamén doutras zonas da provincia.

Entre eles estaban os atletas do Club Adas, do Club Atletismo Rúa, do CEIP Bermúdez Couso de Trives ou co CEIP de Viana do Bolo. A xornada principaba ás 17:45h. coas probas de 80 mv infantil, seguidas dos 60 ml alevín, os 50 ml benxamín e os 80 ml infantil. A partires das 18:40h. daban comezo as probas de salto de lonxitude e de lanzamento de peso.

Esta proba ten sido organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) co control do Comité Valdeorrés de Xuíces da FAG e co patrocinio do Servizo Provincial de Deportes da Xunta.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button