DeportesÚltima hora

O equipo de 500 do Pádel Club Valdeorras xogará esta fin de semana en Valencia o Máster Internacional

 

Chegou o momento da verdade para o Pádel Club Valdeorras. Este fin de semana (7 e 8 de xuño) o seu equipo de 500 viaxará con 15 xogadores ata Valencia para disputar o Máster Internacional que se celebrará no Club Calderona Wellness con clubs de España, México, Suecia, Italia, Portugal.

Tal como avanzan dende o club, o formato da competición será de liga o sábado contra Suecia ás 16:30 horas e contra Barcelona ás 20:30 horas. “No caso de quedar primeiros de grupo pasaríamos ás semifinales que se xogarán o domingo”, din, asegurando que intentarán desfrutar o máximo posible do evento.

 

Artigos relacionados

Back to top button