En portadaÚltima hora

Nova xornada de descenso de casos de Covid na provincia cun total de 2.730, 85 menos que onte

Os ingresos, que tamén baixan, son 156 en planta (9 deles no Hospital de Valdeorras) e 15 na UCI, segundo Sanidade

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Sexta xornada consecutiva de descenso na curva do Covid-19 na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.730 pacientes con infección activa, 85 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 3 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Pero volven aumentar lixeiramente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 102 (fronte aos 96 de onte).

Ademais baixan na área os ingresos: 156 persoas hospitalizados en planta (20 menos que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 9 pacientes en planta, o Hospital de Verín con 13 ingresos, ademais o Hospital Universitario de Ourense ten 134 en planta (19 menos que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.655, con 10.558 curados e 369 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 181.740 probas PCR e 86.155 probas serolóxicas.

Seis novos falecementos na provincia

A Consellería de Sanidade notificaba na noite de onte 37 novos falecementos rexistrados nos últimos días de persoas que foran diagnosticadas de Covid-19, seis delas na provincia de Ourense. Así o 2 de febreiro perdían a vida un home de 75 anos e unha muller de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. E onte, 3 de febreiro, falecían outras catro persoas: unha muller de 90 anos, unha muller de 80 anos, unha muller de 79 anos e home de 89 anos, os catro estaban ingresados no CHUO e presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button